Publicador de contidos

Publicador de contidos

O silestone, moito máis perigoso para a saúde dos traballadores ca o mármore ou o granito

O silestone, moito máis perigoso para a saúde dos traballadores ca o mármore ou o granito

Así o establece un xulgado de Vigo que condena dúas empresas pola silicose que contraeron cinco traballadores

G24.gal 07/02/2023 18:01

 A alta porcentaxe de partículas de sílice cristalina libre que libera o silestone ao ser manipulado converte estas superficies nun material "moito máis perigoso para a saúde dos operarios" que outras rocas naturais como o granito ou o mármore, segundo a sentenza do Xulgado do Penal número 2 de Vigo que condenou o presidente do Grupo Cosentino.

A sentenza, froito dunha conformidade alcanzada o luns da semana pasada, impón ao responsable da multinacional con sede en Cantoria (Almería) seis meses e tres días de cárcere por cinco delitos de lesións graves, unha rebaixa notable respecto a os dous anos e nove meses de prisión que solicitaba inicialmente o Ministerio Público.

No seu caso, a redución de penas foi posible grazas a que a Fiscalía aplicou a atenuante moi cualificada de reparación do dano, ao facer fronte en solitario ao pago de indemnizacións por 1,1 millóns de euros aos cinco traballadores da empresa viguesa Granitel afectados por silicose.

Pola súa banda, o xerente de Granitel aceptou un ano e tres meses de cárcere polos mesmos delitos, así como por un delito contra os dereitos dos traballadores, ao non adoptar medidas de control a pesar de coñecer a composición dos ferros de silestone que fornecía o grupo Cosentino.

A senteza considera que o presidente de Cosentino era coñecedor, polo menos desde o ano 2000, dos riscos e "perigo" da manipulación do silestone, xa que varios dos seus empregados contraeran silicose.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade