Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ser celíaco ten un sobrecusto anual na cesta da compra duns mil euros

Ser celíaco ten un sobrecusto anual na cesta da compra duns mil euros

O encarecemento da compra destas familias debátese, esta tarde, no Congreso a través dunha proposta do Partido Popular, que propón unha dedución de ata 600 euros no IRPF por cada afectado

Os alimentos sen glute son un 153 por cento máis caros ca o resto

G24.gal 21/10/2025 14:35

Na casa da Susana, na que tres dos seus catro integrantes son celíacos ou sensibles ao glute non entra ningún produto que o leve, o que dispara a cesta da compra. 

"É moito. Eu podo absorber ese sobrecusto, pero é moito para unha familia media, sobe moito o gasto da compra", explica Susana Canto.

As persoas que deben seguir unha dieta sen glute afrontan un sobrecusto anual estimado de mil euros en alimentación especifica. Son produtos, de media, un 153 por cento máis caros ca os convencionais. 

"Un pan de trigo normal, que pode custar dous euros, co que é sen gluten roza os 4,60,  entón é unha diferenza moi grande", di Marta Pérez, socia dunha tenda de produtos sen glute.

Máis nun produto básico e que é ademais o que máis venden na tenda

"Sen dúbida, o pan. É unha cousa que é lóxica, consómese a diario e que as persoas celíacas deberían ter o mesmo dereito ca as que non o son a ese acceso a un alimento da nosa dieta que é básico", engade Marta.

Produtos, algúns necesarios, para levar unha dieta sa e equilibrada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade