Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Sergas presenta a Estratexia Galega de Saúde 2030

O Sergas presenta a Estratexia Galega de Saúde 2030

O documento está participado por profesionais de atención primaria e hospitalaria, asociacións de pacientes e empresas do sector sanitario

G24.gal 07/02/2024 13:20

Máis enfermidades crónicas polo avellentamento da poboación, doenzas derivadas da crise climática ou virus que poden ser potencialmente pandémicos. Son algúns dos desafíos que afrontan os sistemas públicos de saúde para os vindeiros anos.

A resposta a estes retos está no documento da Estratexia Galega de Saúde 2030, que hoxe presentaron os responsables do Sergas, xunto cos profesionais e asociacións de pacientes que participaron na elaboración. 

A promoción da saúde, a prevención, a medicina personalizada, a xenómica ou a mellora na atención á saúde mental son os eixes dunha estratexia que aposta por unha sanidade igualitaria e sostible.

"Colaboraron moitos profesionais do ámbito de Atención Primaria, hospitalaria, tamén das asociacións de pacientes e de todo o sector sanitario. Isto marca cinco liñas importantes de actuación. Falamos de prevención, da personalización e da proactividade. Son as liñas que deben guiar o futuro na sanidade nos vindeiros anos", declarou o Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade