Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Sergas distribúe 12.500 novas pantallas con cámara e micro para estender o sistema de videoconsultas

O Sergas distribúe 12.500 novas pantallas con cámara e micro para estender o sistema de videoconsultas

Estarán consensuadas por médico e paciente e poden axilizar altas psicolóxicas ou diagósticos de dermatoloxía

G24.gal 04/01/2023 14:32

Galicia foi a primeira comunidade en xeneralizar a dispoñibilidade da tarxeta sanitaria virtual nos smartphones, da que xa dispoñen 1,7 millóns de cidadáns, dous de cada tres.

Agora, 12.500 novas pantallas con cámara e micros vanse distribuír entre centros de saúde e especialistas de toda Galicia para poder facer videoconsultas.

O usuario pode programalas e acceder desde a aplicación Sergas Móbil, pero tamén desde o ordenador.

 "A consulta telefónica está moi instaurada e é o cidadán o que normalmente elixe esta modalidade; e cando está falando co profesional, se o profesional sanitario detecta que é importante, pode facilmente cun click na historia clínica facer que o paciente reciba un SMS ou un enlace por correo onde poder conectarse", explica Benigno Rosón, subdirector de Sistemas e Tecnoloxías de Información do Sergas.

Cren que pode ser útil para consultas psicolóxicas ou de dermatoloxía, ou para atender cidadáns con dificultades de mobilidade.

A posibilidade ofrécea a nova versión de Ianus, que estará instalada en 4 meses en todos os centros de saúde.

O sistema permitiralles aos propios usuarios subir os datos médicos dos dispositivos prescritos polos facultativos, como os cardioimplantes, pero tamén os datos de tensión, ou actividade física que ofrecen os reloxos intelixentes.

A tecnoloxía permitirá no centro médico confirmar a presenza recollendo o tícket virtual.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade