Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Sergas detecta maior incidencia de tumores nos homes e nos maiores de 64 anos

O Sergas detecta maior incidencia de tumores nos homes e nos maiores de 64 anos

Está previsto aumentar os cribados de cancro de mama ata os 74 anos

O cancro de pulmón xa se sitúa entre os tres primeiros para homes e mulleres

G24.gal 10/08/2023 16:09

O Sergas puxo en marcha un rexistro galego de tumores que xa ten o seu primeiro informe. Os resultados sitúan unha maior porcentaxe en homes e en maiores de 64 anos.
Ademais, destaca o cáncer de pulmón, que xa se atopa nos tres primeiros entre homes e mulleres.

Rexistrouse unha incidencia de 619 tumores por cada 100.000 habitantes; cifra que sobe aos 765 para os homes e baixa aos 483 para as mulleres.

Tres de cada catro homes aos que se lles detecta un tumor superan os 64 anos. Non obstante, os datos das mulleres están máis repartidos en idades, e un 60,4 % das mulleres que sofren un tumor supera os 64 anos.

O cancro de mama, o máis habitual

O cancro máis habitual nas mulleres segue a ser o de mama, pero cunha supervivencia do 90,9 %. Ademais, a directora de Saúde Pública, Carmen Durán, recordou que probablemente "durante o outono" se amplíe o cribado de cancro de mama ata os 74 anos. Despois sitúase o cancro de colon e o de pulmón. 

No caso dos homes, o de próstata continúa na primeira posición, seguido do de pulmón, que acada cifras máis elevadas de mortaldade. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade