Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pecha a campaña da gripe co 77 % da poboación maior de 65 anos vacinada

Pecha a campaña da gripe co 77 % da poboación maior de 65 anos vacinada

Segundo o Sergas, superouse o obxectivo marcado do 75 %

Tamén recibiu o soro máis do 50 % de menores de cinco anos

G24.gal 15/01/2023 13:06 Última actualización 15/01/2023 14:36

A vacinación contra a gripe finalizou en Galicia despois de doce semanas da administración do preparado antigripal. A poboación maior volveu ser o principal obxectivo diana ao que o Sergas engadiu, por primeira vez nesta campaña do 2022, os menores de cinco anos. 

Por primeira vez vimos as portas das áreas pediátricas abertas en fin de semana, como a do Álvaro Cunqueiro de Vigo, para vacinar contra a gripe menores de cinco anos. En contacto sempre con adultos, cos avós, son o maior vector de contaxio da enfermidade. 

O obxectivo era o 60 % dese grupo e finalmente, coa campaña concluída, a cifra queda nunha media do 53,5 %. Porén, a área de Santiago chegou ao 63 %.  

Na franxa de maiores de 65 anos a media final superou o obxectivo marcado polo Sergas. Buscaba o 75 % desa poboación e administraron a vacina ao 77 %. A taxa máis alta estivo en Ourense e onde menos acudiron a vacinarse, conxuntamente coa da covid, foi en Vigo, o 69 %.   

Desde a consellería de Sanidade lembran que as vacinas son a mellor ferramenta para evitar as complicacións derivadas dunha infección. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade