Cargando resultados...
O Sergas convoca máis de 1.000 prazas para persoal de enfermería
A cifra acumula a oferta de emprego dos anos 2019, 2020 e 2021
É posible que se incremente cando se aprobe a deste ano

G24.gal
11/03/2022 22:04
O Sergas acordou cos sindicatos a convocatoria de 1.070 prazas para persoal de enfermeiría. A cifra acumula a oferta de emprego dos anos 2019, 20 e 21, e é posible que se incremente cando se aprobe a deste ano.
Nesta nova convocatoria haberá algún axuste nos baremos con relación a procesos anteriores. A nota de corte para superar o exame, por exemplo, pasará dun 50 a un 35%.