Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Seprona investiga a aparición de cadáveres de animais nun río en Castro de Rei

O Seprona investiga a aparición de cadáveres de animais nun río en Castro de Rei

Localizaron un carneiro e un xato frisón nas augas do Torneiros

Félix Aragunde 17/01/2022 12:49

Un carneiro foi o último animal que apareceu morto nas augas do río Torneiros, en Castro de Rei, á beira da ponte de Portomuíño. Tamén nas inmediacións deste mesmo lugar, localizaran no río o cadáver dun xato frisón e mais as vísceras doutra cabeza de gando. 

A aparición destes restos de animais nos últimos días está a provocar queixas entre os veciños da zona. Hai quen cre que non se trata de feitos illados, aínda que existen discrepancias sobre a súa intencionalidade. 

Tras a denuncia presentada por un particular, o Seprona está agora a investigar a orixe dos cadáveres que apareceron no río.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar