Publicador de contidos

Publicador de contidos

O SEPLA convoca 9 días en agosto de paros de pilotos en Easyjet

O SEPLA convoca 9 días en agosto de paros de pilotos en Easyjet

Os paros serán durante os próximos días 12, 13, 14, 19, 20, 21, 27, 28 e 29 de agosto

O sindicatos de pilotos da aeroliña alegan que é para recuperar as condicións previas á pandemia e para negociar o segundo convenio colectivo

O SEPLA di que a empresa presentou "unha nova proposta que recorta aínda máis as súas condicións en termos reais"

G24.gal 29/07/2022 11:13

O sindicato de pilotos SEPLA convocou unha folga en Easyjet en tres períodos de 72 horas cada un. Os paros serán durante os próximos días 12, 13, 14, 19, 20, 21, 27, 28 e 29 de agosto, ante a "negativa" da empresa a recuperar as condicións previas á pandemia e negociar o segundo convenio colectivo.

O sindicato de pilotos explicou nun comunicado que se trata do "último recurso posible, xa que todos os intentos dos representantes dos pilotos para chegar a un acordo fracasaron", tras "máis de seis meses de negociacións e seis encontros en que se presentaron tres propostas sociais rexeitadas pola empresa”.

Segundo a sección sindical do SEPLA na aeroliña, a súa única finalidade é “recuperar as condicións laborais que tiñan os pilotos en 2019, agora que o número de voos é moi similar ao de hai dous anos, así como retomar as negociacións para a firma do novo acordo".

O SEPLA di que a empresa presentou "unha nova proposta que recorta aínda máis as súas condicións en termos reais"

Neste sentido, lamenta que a empresa "se negue a atender calquera petición do colectivo" e presentou "unha nova proposta que recorta aínda máis as súas condicións en termos reais".

O sindicato insiste en que os pilotos "aceptaron todas estas renuncias laborais non só para manter os seus postos de traballo nos peores meses do COVID-19, senón tamén para garantir a propia supervivencia da empresa en España".

Engade o sindicato de pilotos que "as condicións dos pilotos españois sempre foron peores que as do resto e están aínda máis degradadas coa nova proposta da empresa".

Nas últimas semanas estiveron de folga os tripulantes de cabina de Easyjet e onte acadaron un acordo

A folga dos pilotos prodúcese tras os paros que os tripulantes de cabina (TCP) de Easyjet fixeron nas últimas semanas, convocados por USO. Tras "intensas negociacións", a comisión negociadora do II convenio colectivo TCP da aeroliña de baixo custo británica alcanzou este xoves un acordo de condicións económicas, aprobado pola asemblea de traballadores, que provocou a cancelación inmediata das xornadas de folga previstas para esta fin de semana.

O convenio recolle un incremento do salario base do 4 % con carácter retroactivo a partir de marzo deste ano, do 13 % para 2023 e do 5 % para 2024, co que, en total, o incremento será do 22 % en tres anos.

Así mesmo, acordaron a modificación da duración do período de actividade dos contratos fixos descontinuos, que pasará a ser de 9 meses de actividade e 3 de inactividade, cando antes eran 8 e 4, respectivamente, medida que entrará en vigor neste 2022.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar