Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máximo Díaz, secretario da confraría de Celeiro, sobre o despezamento de barcos: "Que a UE mire para outros países"

Máximo Díaz, secretario da confraría de Celeiro, sobre o despezamento de barcos: "Que a UE mire para outros países"

O sector considera que Galicia xa ten unha frota axustada

G24.gal 28/11/2022 09:34

A pesca galega rexeita a posibilidade de dar de baixa máis barcos, como estudan algunhas institucións europeas.

O secretario da confraría de Celeiro,Máximo Díaz, coordinador das xornadas da pesca que se celebraron a semana pasada, di que Galicia xa leva despezados moitos buques e que ten unha frota axustada. Dicíao no Galicia por diante.

"España sempre foi por diante. Quizais a Unión Europea tiña que mirar noutros países que non fixeron tan ben os deberes coma nós. O que non imos nós é ser sempre o parruliño feo da pesca. Xa está ben de recibir e de que nos tiren sempre a dar na liña de flotación. A frota española non creo que estea tan sobredimensionada. Se cadra, noutros países, si".

Máximo Díaz defendeu que o sector se ten que organizar mellor e superar o que cualificou como "atomización", xuntándose en grandes grupos como outros sectores da economía, asociados en grandes lobbies. "Deixarse de estar á defensiva e pasar á acción", engadiu.

Ademais, reiterou que o debate sobre a instalación de parques eólicos mariños "ignora a pesca" e deixa o sector fóra de calquera opción. "Non se ten en conta a pesca para nada", concluíu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade