O sector pesqueiro facturou o ano pasado 400 millóns de euros
Esta actividade en Galicia dá emprego a 50.000 persoas
A remuda xeracional e a pesca sostible son algúns dos seus desafíos de futuro, pero tamén modernizarse
O sector pesqueiro facturou o ano pasado 400 millóns de euros. En Galicia dá emprego a 50.000 persoas. A remuda xeracional e a pesca sostible son algúns dos seus desafíos de futuro, pero tamén modernizarse. Así o destacaba o delegado do Goberno na visita que fixo hoxe ao porto de Celeiro. Pedro Blanco pediu celeridade para executar as axudas que recibe do fondo europeo marítimo, máis de 360 millóns.
"A Xunta de Galicia que os execute, eses cartos chegan para investimentos, para os mariñeiros, para os armadores e polo tanto pedimos que se demanden máis axudas e que se gaste e execute ata o último euro que chega de Europa", dixo Pedro Blanco, Delegado do Goberno.