O sector pesqueiro di que a suba do prezo do gasóleo é insostible
O litro de gásoleo no surtidor do porto de Bueu roza o euro este venres
Os cerqueiros que estes días van á sardiña aseguran que saír pescar non é rendible
Ao patrón do Novo Xouba non lle saen as contas dende hai meses. O prezo do gasóleo continúa á alza e o barco acumula gastos.
Subiu case o triplo. Dos 50 céntimos que estabamos pagando, agora pagámolo a máis dun euro. Entre os imposos , o gasóleo e todo non hai quen levante cabeza.
No seu cerqueiro traballan seis homes. Gañar para cubrir gastos di que é case imposible.
"Como nos amañamos? Morrer, o cincuenta por cento da flota para antes de finais de ano e o outro cincuenta para ano que vén"
Co gasóleo por riba dos 85 céntimos de media nos últimos meses o sector volve pensar en parar. O presidente da Federación de Confrarías de Pontevedra, Xosé Manuel Rosa, explica que "0,60 céntimos o litro é un prezo para poder ter unha certa rendibilidade e non saír a perdas".
A compra conxunta do gasóleo para intentar paliar a suba dos prezos din que pode ser beneficioso, pero que non resolve o problema agora a curto prazo.