Publicador de contidos

Publicador de contidos

O sector pesqueiro agarda que esta semana "se concrete unha redución do IVE do peixe"

O sector pesqueiro agarda que esta semana "se concrete unha redución do IVE do peixe"

O director adxunto do Porto de Celeiro, Eduardo Míguez, lembra que é unha vella reivindicación de todo o sector que o peixe teña o IVE do 4 %

G24.gal 23/12/2022 09:45

O sector pesqueiro agarda que o Goberno anuncie nos próximos días que baixará o IVE do peixe: desde o actual 10 por cento ao superreducido do 4, con que tributan os considerados alimentos de primeira necesidade, como o pan, a froita ou a verdura.

Díxoo no Galicia por diante o director adxunto do Porto de Celeiro, Eduardo Míguez, que tamén é o presidente do comité de produtos do mar de AECOC, unha das patronais da alimentación. Segundo explicou, é unha vella reivindicación que levan reclamando desde hai anos todas as organizacións pesqueiras.

"Eu creo que o Goberno sabe perfectamente o noso pensamento e cal é a situación en que nos encontramos. Por iso esperamos que esta semana se concrete unha redución do IVE do peixe que xa pasa noutros países da Unión Europea".

Míguez tamén volveu reclamar que se teña en conta o sector pesqueiro antes de instalar parques eólicos no mar. O sector insiste en pedir que as administracións non cedan diante das eléctricas e que non poidan instalar eses eólicos en zonas ricas en peixe.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade