Publicador de contidos
Publicador de contidos

O sector hoteleiro de Viveiro despide a Semana Santa satisfeito coa ocupación

O sector hoteleiro de Viveiro despide a Semana Santa satisfeito coa ocupación

Os hoteis do centro da vila están completos durante a fin de semana

Noutros establecementos a ocupación roza o 80 % dende o xoves

 

 

G24.gal 30/03/2024 14:54 Última actualización 30/03/2024 16:35

Os establecementos máis céntricos da vila luguesa colgan este sábado o cartel de completo. É o caso do Hotel U, no que non hai cuartos libres dende o xoves. No resto de hoteis consultados a ocupación roza o 80 % nos días festivos.

"Nós, como todos os anos, conseguimos encher e mantemos o cen por cento a fin de semana", di Sonia López, do Hotel U de Viveiro

A Semana Santa comezaba en Viveiro cunha ocupación algo máis baixa ca o ano pasado e mesmo con cancelacións. Segundo apunta o sector, as reservas aumentaron para os días centrais das procesións e para esta fin de semana, conforme a borrasca cedía no norte do país.

"Veñen motivados principalmente pola Semana Santa pero despois aproveitan para ver todo o que é a Mariña, gastronomía, natureza e todo o que temos que ofrecer", explica Sonia.

Atraídos pola sona desta celebración relixiosa, das máis antigas de Galicia, a Mariña recibe milleiros de visitantes.

"Marabilloso, moito ambiente e bo tempo", comentan algúns turistas.

Sen un balance definitivo, na Oficina Municipal de Turismo apuntan a unha actividade similar a do 2023. A Semana Santa de Viveiro, a primeira do Norte de España que obtivo a distinción de Interese Turístico Internacional, mantense como un destino consolidado na provincia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade