Publicador de contidos

Publicador de contidos

O sector hoteleiro das Rías Baixas agarda pechar as reservas da Semana Santa nos vindeiros días

O sector hoteleiro das Rías Baixas agarda pechar as reservas da Semana Santa nos vindeiros días

Vilas turísticas como Sanxenxo xa teñen máis dun cincuenta por cento de reservas pechadas e cidades como Vigo roldan o corenta por cento da súa ocupación hoteleira a partir do Xoves Santo.

Os sete días que temos por diante serán determinantes xa que a Semana Santa no sur de Galicia moveuse historicamente con reservas de última hora.

G24.gal 06/04/2025 20:57

Coa Semana Santa xa á vista os hoteis e hostais das Rías Baixas traballan con prognósticos optimistas. Do sol, e sobre todo de que non chova, dependerá acadar as cifras do 85 % da ocupación do ano pasado. Vilas turísticas como Sanxenxo xa teñen máis dun cincuenta por cento de reservas pechadas e cidades como Vigo roldan o corenta por cento da súa ocupación hoteleira a partir do Xoves Santo.

Os sete días que temos por diante serán determinantes, xa que a Semana Santa no sur de Galicia moveuse historicamente con reservas de última hora. O sol, e sobre todo que non chova, é o que as acelera e os turistas, galegos, do resto de España e portugueses, maiormente familias que veñen no seu coche nunha viaxe dun máximo de catro horas, agardan para organizarse en función das previsións meteorolóxicas. 

"A Semana Santa aquí é moi imprevisible porque dependemos moitísimo do tempo. A xente reserva a última hora, xente que aparece pola porta, xente de paso, que ao mellor decide vir ou chamarte por teléfono a véspera. Ou nesa mesma semana da Semana Santa, o propio mércores, ou o xoves aínda están chamado para reservar", conta Irene Rodríguez, a propietaria do hotel Lino de Vigo.

"Pero a gran maioría no caso específico da Semana Santa pasa iso que lle digo, que son moi de inmediatez, son moi para a mesma semana ou a semana anterior. Tamén hai algunha reserva anticipada con Booking ou coa páxina web do hotel", explica Francisco Loureiro, recepcionista do hotel Pantón de Vigo.

Esas reservas xa feitas, coas operadoras e páxinas web, as menos, a estas alturas, en cidades como Vigo deixan hoxe pechada a ocupación arredor dun trinta por cento o Xoves Santo e dun cincuenta o Venres Santo. O ano pasado a ocupación media nas Rías Baixas, tamén con reservas de moi última hora, foi do 85 %, unha cifra que o sector do turismo agarda polo menos igualar.

"A previsión é que sexa nesta semana que entra cando sexa o aluvión importante de reservas. Estamos todos un pouco cruzando os dedos para que a meteoroloxía nos respecte. Pero en calquera caso as expectativas son moi boas, e de momento movémonos en cifras que van ser seguramente moi similares ás do ano pasado, pero o obxectivo é superalas", explica a TVG César Ballesteros, o presidente da Federación de Hostalaría e Turismo da provincia de Pontevedra. 

No caso de vilas moi turísticas como Sanxenxo, que no 2024 roldou o noventa por cento da ocupación en Semana Santa, xa hai un sesenta por cento de ocupación en base a reservas, a maioría en estancias de tres noites e catro días. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade