O sector dos salóns de peiteado e estética manifestanse en Madrid para pedir a reducción do IVE
O sector asegura que a situación é insostible
O Psoe é o único partido que se opón a reducción do IVE do 21 ao 10 por cento
O sector dos salóns de peiteado queren aproveitar este momento en que se están tramitando os presupostos xerais do Estado para que se volva escoitar a súa reivindicación: a restitución do IVE ao dez por cento na súa actividade. Unha petición que quedou fóra das medidas fiscais presentadas polo Goberno. O sector conta co apoio de case todas os grupos políticos. Á súa vella reivindicación só se opon o Grupo Socialista
Os profesionais do sector aseguran que a súa situación é moi delicada. "É insostible", cóntanos Isabel, propietaria dun salón de peiteado en Vigo. Lonxe de recuperarse tras a pandemia, agora ven tamén como a clientela acode menos aos salóns.
Deste xeito, a redución do IVE do 21 ao 10 por cento vena como condición indispensable para a supervivencia do sector. Un sector que se sente enganado e que non pararan, aseguran, ata conseguir algo que consideran xusto.