Cargando resultados...
O sector do metal da Coruña, en folga
Piden un novo convenio que garanta o poder adquisitivo dos salarios dos traballadores

G24.gal
05/05/2022 13:58
Última actualización 05/05/2022 14:06
Primeira das catro xornadas de folga convocadas polos traballadores do metal da provincia da Coruña, en demanda de melloras no convenio.
Din que a folga chega despois de dous anos sen acadar ningún tipo de avance na negociación. O que piden é que se garanta o poder adquisitivo dos salarios e que tamén se inclúan melloras no ámbito social e laboral.