Publicador de contidos

Publicador de contidos

O sector do comercio advirte de caídas nas vendas por mor da inflación

O sector do comercio advirte de caídas nas vendas por mor da inflación

A perda de poder adquisitivo fai que os consumidores reduzan gastos

Afecta negocios como os salóns de peiteado ou tendas de roupa e calzado

G24.gal 31/03/2022 14:45

Pagamos máis pola enerxía, os combustibles e tamén pola alimentación e iso fai que gastemos menos en compras ou servizos que non consideramos esenciais. Unha situación que empeza a pasar factura en negocios como os salóns de peiteado. Redúcese o número de visitas e cae a facturación. Durante este mes de marzo, segundo a presidenta da Asociación de Perruqueiros de Ourense,  reduciuse en torno a un 30 por cento.

Tamén prescindimos máis do ocio, da compra de produtos de parafarmacia ou de roupa e calzado.  Moitas tendas viron reducidas as vendas case a metade durante as últimas semanas polo retraimento dos consumidores a hora de mercar. Dende a Federación Galega de Comercio advirten de que se a situación non muda acabará afectando ao emprego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade