A inflación mantívose no 3,2 % en xuño malia a suba do IVE da luz e do gas
Tiraron á baixa dos prezos os combustibles e os lubricantes para vehículos privados, segundo o INE
A inflación modérase ao 3,3 % en Galicia pero supera unha décima a media estatal
O Instituto Nacional de Estatística (INE) confirmou este mércores que o Índice de Prezos de Consumo (IPC) de xuño se mantivo no 3,2 % interanual, pese ao incremento do IVE do gas e a electricidade ao 21 %.
A inflación estivo marcada pola fin desde o 1 de xuño das bonificacións para o IVE aplicables á electricidade, gas natural, briquetas, pellets e leña, e para o imposto especial sobre a electricidade, medidas postas en marcha polo Goberno para facer fronte ao impacto do conflito en Oriente Medio.
Pola contra, compensaron esa evolución tirando á baixa dos prezos os combustibles e lubricantes para vehículos privados, cuxos recortes fiscais seguían vixentes durante o mes de xuño.
A inflación modérase ao 3,3 % en Galicia en xuño pero segue superando a media estatal
Os prezos incrementáronse un 3,3 % en Galicia en xuño respecto ao mesmo mes de 2025, dúas décimas menos que o dato interanual de maio, aínda que superou lixeiramente a inflación media do conxunto de España (3,2 %).
Galicia foi a quinta comunidade autónoma coa inflación máis alta en xuño, por detrás de Madrid (3,8 %), Cantabria (3,5 %), Baleares (3,4 %) e Canarias (3,4 %).
En variación mensual, os prezos incrementáronse un 0,5 % en Galicia en comparación con maio, e no que vai de ano a inflación é do 2,5 %.
Case todos os grupos rexistraron taxas de inflación positivas en xuño en termos interanuais, agás o vestido e calzado, que caeron un 0,5 %, e a información e comunicacións, que se abarataron un 0,1 %.
Pola contra, as subidas máis elevadas rexistráronas a vivenda (6,2 %) e o transporte (5,1 %).
Tamén se encareceron os seguros e servizos financeiros (3,5 %), os restaurantes e aloxamentos (3,4 %), as bebidas alcohólicas e o tabaco (2,9 %), ou os servizos de educación (2,7 %).