Publicador de contidos

Publicador de contidos

O sector clama por un IVE superreducido para frear a caída do consumo de peixe

O sector clama por un IVE superreducido para frear a caída do consumo de peixe

O peixe tamén é un alimento básico

O consumo descendeu un 12 % no último ano

O consumo de peixe descendeu un 12 %
G24.gal 15/09/2022 14:42

 "Cando un produto fresco está moi pasado de presuposto para a xente pois vanse para o conxelado", comenta Miguel Galván, peixeiro de Santiago de Compostela.

No último ano o consumo de peixe caeu un 12 por cento. Nótase sobre todo no fresco.

"Estamos notando menor demanda de peixe fresco e menos barcos que saen e máis barcos que están parados", apunta Olaia Suárez, peixeira de Vigo.

Por iso o sector volve pedir unha vez máis un IVE do 4 %.

 "É necesario esta rebaixa porque desa forma vai ter un importante efecto beneficioso sobre a economía e sobre e sobre o emprego xa que se cae o consumo, cae a demanda e por tanto caen os prezos", informa Javier Touza, presidente de ARVI.

A Cooperativa de Armadores de Vigo volveu pedir esta rebaixa ao Goberno.

"Estamos a reiterar esta petición que lle enviamos un escrito onte ao presidente do goberno".

Din que esta é a grande oportunidade para conseguilo, agora que Europa xa fala de eliminarlle ao peixe totalmente o IVE.

"Xa non pedimos tanto, pero cando menos en Portugal están a aplicar o 6 %, en outros países como Chipre ou Hungría están a aplicar o 5 %, en Reino Unido xa non hai IVE", continúa o presidente dos armadores de Vigo.

Insisten tamén nos beneficios saudables do consumo de peixe para axudar a reducir a factura sanitaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade