O sapo lusitano merma as capturas do choco pero non as da anguía na enseada de San Simón
Desde que en 2018 o sapo lusitano aparecera por primeira vez, na Ría de Vigo, non parou de proliferar
A súa presenza está afectando ás capturas do choco, especialmente na enseada de San Simón
O sapo lusitano é un peixe pequeno moi parecido ao peixa sapo. Leva oito anos aparecendo na Ría de Vigo, cando antes nunca se vira. Levamos tempo escoitando as queixas e a preocupación pola proliferación aos que van ao choco, os de Redondela, Vilaboa ou Arcade. Din que nos tramallos veñen ata vinte desos sapos lusitanos ao día e que comen moitas das súas capturas.
Tamén levan tempo detectando a súa presenza os pescadores das 33 embaracións que van a anguía entre a enseada de San Simón de a desembocadura do río Verdugo. Aínda que para eles, segundo o patrón maior da Confraría de Arcade, a ameaza non é tanta como a que está supoñendo para os profesionais dos cefalópodos.
"O sapo lusitano estámolo atopando da enseada de San Simón cara dentro, que é onde están traballando principalmente as nosas embarcacións. Nesta enseada podémolo atopar en calquera zona. Si que hai máis, porque se nota que hai máis, se ve que é un sitio no que el está cómodo e pode desenvolverse. E aí está. Nós como nos adicamos máis ao que é a anguía, na nosa especie non notamos que el inflúa nela. E como non sabemos se hai que quitalo do medio ou non, ninguén nos dixo nada, de momento estase devolvendo ao mar. No momento en que nos digan que hai que quitalo do mar, pois quitarémolo do mar", expón e aclara a TVG Gonzalo Reinoso Castellano, o patrón Maior da Confraría de Arcade.