Publicador de contidos

Publicador de contidos

O San Xoán volverá celebrarse nas praias da Coruña

O San Xoán volverá celebrarse nas praias da Coruña

En quince días coñeceranse as medidas principais da festa máis popular da Coruña

G24.gal 13/05/2022 14:42

Os areais de Riazor e do Orzán, onde este venres se pode ver xente tomando o sol, volverán transformarse na noite máis máxica do ano.

O San Xoán, declarada Festa de Interese Turístico Internacional no 2015, volverá encher de cacharelas os areais da cidade como antes da pandemia, que obrigou dous anos a celebralo na casa.

Malia que son poucos, hai a quen non lle gusta esta decisión por mor do lixo que queda amoreado nas praias. E é que no 2019 recolléronse máis de 93 toneladas de residuos das praias herculinas.

Porén, a meirande a parte dos coruñeses acollen con entusiasmo esta volta á normalidade.

E para iso, desde o Concello están a deseñar un plan para que os sanxoaneiros poidan gozar da troula con seguridade.

Está previsto que nun prazo de dúas semanas se pechen os aspectos principais desta festa multitudinaria que reúne nas praias coruñesas máis de cen mil persoas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade