Publicador de contidos
Publicador de contidos

A pegada galega dunha nova Liga de Campións

A pegada galega dunha nova Liga de Campións

O silledense Joselu Mato foi o segundo máximo goleador e para a historia quedan os dous goles na remontada diante do Bayern nas semifinais

Lucas Vázquez, de Curtis, festexou a súa quinta Champions co seu rol habitual de secundario infalible

G24.gal 02/06/2024 10:37

Dous xogadores galegos tiveron a honra de erguer a décimo quinta Liga de Campións do Real Madrid: Joselu Mato (Silleda) e Lucas Vázquez (Curtis). Non gozaron dun papel principal na final entrando no treito final pero o seu traballo ao longo de toda a temporada foi vital para o título. 

Joselu Mato (Silleda) debutaba co equipo branco nunha Liga de Campións e conseguiu ser o segundo goleador do equipo na competición con cinco goles, só por detrás de Vinicius (6). Para a historia quedan os últimos minutos contra o Bayern de Múnic nos que logrou un dobrete que lle daban a volta a unha eliminatoria que estaba imposible. Tamén marcou contra o Nápoles na vitoria por 4-2 e anotou outro dobrete contra o Unión de Berlín na fase de grupos (2-3). 

Lucas Vázquez (Curtis) xa é un veterano disto da Champions. En Wembley ergueu o seu quinto título poñéndose como un dos grandes na historia do Real Madrid (2016, 17, 18, 22 e 24). Sempre cun papel secundario pero efectivo. Na súa novena participación na máxima competición continental Lucas volveu estar nos seus rexistros habituais. Xogou nove partidos, catro deles como titular (Unión Berlín -x2-, Braga e a ida contra o Bayern) e sempre que tivo que participar cumpriu como o mellor. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade