Javi Rodríguez recupera o mellor estado de forma antes de ir ao Celtic Park
O defensa de Poio volveu xogar en Liga despois de mes e medio e foi o sobranceiro do partido, cun gol e unha asistencia
O xoves o equipo vigués pon en xogo as opcións de clasificarse de xeito directo para as eliminatorias da Europa League
Sen recuperar as mellores sensacións como equipo o Celta tirou do pico de forma das individualidades para saír vitorioso dun final sufrido contra o Alavés e superar o golpe da Juventus.
Javi Rodríguez está de volta. O defensa deixou atrás os problemas físicos do inicio de temporada e recorreu á súa vocación ofensiva para darlle a asistencia a Jutglá no 1-0 e minutos máis tarde para marcar o segundo do Celta cunha acción persoal. O de Poio non xogaba un partido de Liga desde había un mes e medio. Foi contra a Real Sociedade. Desde entón só puidera participar en dous compromisos da Europa League.
Pero non foi doado sumar a segunda vitoria da temporada. O outro destacado do equipo no partido contra o Alavés foi o porteiro, o romanés Radu, que segue a ser o Zamora do campionato. O Celta ten 4 puntos mais que o ano pasado a estas alturas. Agora mesmo a materia pendente é Europa despois de sumar un punto nas dúas primeiras xornadas. A idea é reconectar este xoves en Celtic Park.