Publicador de contidos

Publicador de contidos

Este ano María do Carme Kruckenberg faría cen anos

Este ano María do Carme Kruckenberg faría cen anos

María do Carme Kruckenberg dicía que os seus libros de poemas eran unha auténtica biografía

A súa obra, maiormente poética, reflicte un profundo intimismo e conexión co popular

Era tanta a devoción que sentiu pola súa cidade que Vigo dedicoulle un mural poucos meses despois de falecer

G24.gal 20/10/2026 10:18

María do Carme Kruckenberg dicía que os seus libros de poemas eran unha auténtica biografía. De espírito viaxeiro e cunha fonda base intelectual, onde foi, tornou a Vigo.

Kruckenberg naceu na  cidade olívica en 1926, filla de nai galega e pai mexicano de orixe alemá. No ano 49 casou co italiano Ezio Pusone e viaxou a Bos Aires, onde conectou cos intelectuais do momento.

'Cantigas do vento' é unha obra clave da súa etapa inicial, con poemas seleccionados por Rafael Alberti.  De primeiras a súa obra é bilingüe, como é común na súa xeración, a promoción de enlace.

Máis adiante reorientou a creación só na nosa lingua. Autora prolífica, con vinte poemarios en galego, faleceu en Vigo no ano 2015 deixándonos un legado literario tan irrepetible como a súa vida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade