Publicador de contidos

Publicador de contidos

O robot de salvamento tenta acceder ao Vilaboa na busca do desaparecido

O robot de salvamento tenta acceder ao Vilaboa na busca do desaparecido

G24.gal 10/04/2023 09:48

O robot de Salvamento Marítimo tenta, desde primeira hora da mañá, acceder ao Vilaboa Uno en procura do mariñeiro peruano desaparecido o pasado luns no naufraxio deste pesqueiro. 

Durante o día de onte, domingo, este robot logrou localizar o barco, que está afundido a uns 120 metros de profundidade fronte ás costas da capital cántabra.

O robot de Salvamento Marítimo opera desde o buque Don Inda, que o transportou desde Ferrol, e centrarase na procura en profundidade do tripulante do Vilaboa Uno.

Na superficie por aire, hai dous helicópteros: o Helimer 202 de Salvamento Marítimo e Cuco da Garda Civil, mentres que por mar están as patrulleiras Río Aller e Río Guadalhorce da Garda Civil e a Salvamar Deneb, de Salvamento.

O Vilaboa Uno afundiuse na madrugada do pasado luns con dez tripulantes a bordo, sete dos cales foron rescatados por embarcacións que estaban na zona, tras avisar a Salvamento Marítimo de que tiña unha vía de auga no casco, mentres que outros dous, o patrón do barco procedente de Santander e un tripulante ghanés, faleceron por hipotermia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade