Publicador de contidos

Publicador de contidos

O risco das operacións estéticas aumenta cando as realizan médicos non especialistas

O risco das operacións estéticas aumenta cando as realizan médicos non especialistas

A medicina estética é unha especialidade, pero un cardiólogo, un dentista ou un internista poden realizar intervencións plásticas

 

Unha rapaza sométese a unha operación de pálpebras
G24.gal 24/02/2023 12:48

As operacións estéticas, coma calquera intervención médica, teñen riscos para saúde, e máis se as realiza persoal non cualificado. As lesións derivadas destas operacións son máis frecuentes en clínicas non acreditadas, segundo o cirurxián estético Jorge Novoa.

A medicina estética é unha especialidade, unha titulación que non sempre teñen os que a practican. Un cardiólogo ou un médico de familia poden realizar operacións plásticas, e é aí onde, segundo o experto Jorge Novoa, se producen a maior parte dos fracasos.

"A cirurxía estética está subindo como a espuma, e iso atrae moitos profesionais que realmente non o son. Por exemplo, actualmente estamos vendo dentistas que se meten a facer recheos de labios, eu xa levo dous con necrose de labios. Iso ocorre cada vez máis", engade Jorge Novoa.

O risco de poñerse en mans pouco formadas ou con menos experiencia pode supoñer consecuencias graves, non só un mal resultado estético.
"Mal resultado estético e morte"

"Todos temos na memoria a rapaza de Murcia á que lle fixeron moitas perforacións no intestino. Pensan que é meter unha cánula e xa está. Non, ten máis riscos dos que a xente cre.
Ou tamén a rapaza que foi a Turquía facer unha redución de estómago e morreu",  lembra  Novoa.

Recomenda acudir sempre a clínicas acreditadas, aínda que sexan máis caras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar