Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Revera Vinun reúne 200 adegas galegas no convento de San Francisco de Santiago

O Revera Vinun reúne 200 adegas galegas no convento de San Francisco de Santiago

O segundo encontro dos viños, licores e augardentes galegos ofrece catas de máis de 500  viños e abre o debate sobre o futuro do sector

G24.gal 27/03/2023 14:28

É xa o segundo encontro de viños galegos que organiza a Asociación de Hostalería de Compostela. É un evento que reivindica a diversidade e a calidade dos nosos viños e tamén a importancia da viticultura como actividade económica sostible e como revulsivo contra o despoboamento rural.

Non faltou ninguén nesta nova edición, inaugurada esta mañá e onde se espera revalidar a marca dos 5.000 visitantes do ano pasado.

"Temos un potencial tremendo porque Galicia é unha das rexións que máis variedades de cepas ten", di Javier Míguez, director técnico de Revera Vinum. 

Entrar no Hotel Monumento San Francisco de Santiago equivale a unha visita rápida por duascentas adegas de Galicia. É hora de comprobar a enorme variedade e diversidade dos viños galegos, de catar as vellas fórmulas e comparalas coas novas propostas das cinco denominacións de orixe e tamén das indicacións xeográficas protexidas.

Entre as actividades con máis expectación está o túnel do viño, onde os visitantes poden catar libremente e sen presión comercial os viños que escollan nunha carta de máis de 300. Segundo explica un dos guías, "tes trinta minutos para probar diferentes viños das cinco denominacións de orixe e das cinco IXP que temos en Galicia".

Paralelamente, hai relatorios e debates sobre o sector e a actualidade, por exemplo, a loita contra o cambio climático. 

"Por exemplo, os novos modelos de enerxía que implican unha intervención grande en territorios rurais como o tema dos parques eólicos ou as placas fotovoltaicas. Todos eses aspectos que hoxe están de actualidade, o que queremos e dar unha opinión desde a perspectiva da viticultura e estudar como nos van afectar", relata Martiño Santos, moderador da mesa de debate.

As conclusións son: a aposta polas prácticas respectuosas co medio e pola viticultura como xeito de articular o territorio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade