Vigo celebra o Petisquiño do 25 de outubro ata o 9 de novembro
Os 32 locais participantes ofrecerán 32 tapas salgadas e 6 doces
Das votacións dos clientes sairán as dez favoritas para a fase final
Un xurado profesional elixirá o 17 de novembro entre as finalistas a tapa gañadora
A hostalería viguesa prepárase para a edición número once do Petisquiño. Este ano participarán 32 locais, confirma Celia Cabrera, a cooordinadora deste concurso de tapas, organizado pola Federación Empresarial de Turismo e Hostalería de Pontevedra (Feprotur) e patrocinado polo Concello de Vigo.
"Temos 38 tapas no concurso, seis doces e o resto salgadas"
A clientela poderá degustar as receitas que cada establecemento participante crea para este certame e votar pola súa favorita a través dun código QR desde o 25 de outubro ata o 9 de novembro. As dez máis valoradas pasarán á final do 17 de novembro, onde un xurado profesional escollerá a tapa gañadora do Petisquiño.
No sector consideran que este tipo de certames axuda a dinamizar a hostalería local, porque os visitantes que descobren unha tapa interésanse por ir a outros locais onde haxa tapas do concurso.
Por iso moitos locais que non adoitan ofrecer tapas anímanse a facer unha especifica para participar no Petisquiño como estratexia promocional.
No sector consideran que o concurso de tapas do Petisquiño axuda a dinamizar a hostalería local