Publicador de contidos
Publicador de contidos

O retablo da igrexa de Santa Baia de Donas en Gondomar sofre un ataque de térmites

O retablo da igrexa de Santa Baia de Donas en Gondomar sofre un ataque de térmites

A veciñanza decidiu organizar unha comida para recadar fondos para a restauración

Na parroquia confían en que o bispado autorice a venda duns terreos e destinar os cartos a salvar o patrimonio

Retablo da igrexa de Santa Baia, na parroquia de Donas, en Gondomar
G24.gal 13/09/2024 16:03 Última actualización 13/09/2024 16:40

Os veciños da parroquia de Donas, en Gondomar, decidiron mobilizarse para salvar o retablo románico da súa igrexa, que está a sufrir o ataque dos térmites.

Hai dezaseis anos a igrexa de Santa Baia foi reformada, porén hai uns meses notaron que algo non ía ben.

Víctor Bargiela, o párroco de Donas explica que "había veciños que se queixaban cando baixabamos os santos de que parecía que estaba un pouco máis febles". Tamén foi un veciño o que percibiu que cando ía a misa "lle caían cousas dende o teito".

E cando decidiron chamar especialistas para a restauración, estes confirmaron a presenza dos térmites.

Parte da estrutura afectada polos térmites Parte da estrutura afectada polos térmites

Para evitar empeorar a situación xa retiraron as imaxes dun retablo cun importante valor patrimonial.

Toca volver acometer unha actuación integral na igrexa cun elevado custo económico. Porén salvar o retablo é o obxectivo dunha parroquia unida pola mesma causa.

Con esta meta a comisión de festas tomou a iniciativa de organizar unha comida o día 19 de outubro, á que pode acudir quen o desexe para colaborar coa restauración.

Na parroquia tamén confían en que o bispado autorice a venda duns terreos e destinar os cartos a salvar o patrimonio para poder manter viva parte da súa historia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar