Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Resurrection Fest de Viveiro encara a recta final cun grande éxito de público

O Resurrection Fest de Viveiro encara a recta final cun grande éxito de público

Máis de 140.000 visitantes de 40 países asisten aos cinco días de festival

G24.gal 02/07/2022 22:26 Última actualización 02/07/2022 23:13

Cuarta xornada do Resurrection Fest, que volveu este ano con máis forza ca nunca.

"Facemos 5 días con grandes cabezas de cartel tódolos días", di Esteban Girón, director de comunicación do festival

Máis de 120 bandas forman o cartel desta edición.

“O cartel é xenial e o ambiente que hai, a sororidade entre tódolas persoas”, di unha asistente 

Máis de 140.000 visitantes de 40 países ateigan Viveiro e toda a Mariña.

“É a primeira vez que veño, todo o mundo me recomendou o festival”.

“Encántanos a música que hai, a xente é moi amable, e ves todo isto e é precioso”.

“Sempre digo que A Mariña, a súa natureza, a súa gastronomía e a súa xente son as cabezas de cartel. A xente vén aquí a pasar as súas vacacións, non só a ver unha restra de grupos", asegura Esteban Girón, director de comunicación do festival.

Os estadounidenses Mastodont e os franceses Gojira son os cabezas de cartel da noite do sábado. O hardcore e o heavy metal seguirán este domingo, o último día do festival.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar