Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os menús degustación do restaurante Auga e Sal que valen unha estrela Michelin

Os menús degustación do restaurante Auga e Sal que valen unha estrela Michelin

É o único galego que recibiu este ano a prestixiosa distinción

Leva un ano cunha nova proposta gastronómica a base de menús degustación

G24.gal 15/12/2021 21:20

O Restaurante compostelán Auga e sal acaba de recibir unha estrela Michelin, a prestixiosa distinción do mundo da gastronomía. Trátase da primeira estrela que consegue e celébrano como un recoñecemento a todo un equipo que desde hai un ano traballa no restaurante cunha nova proposta a base de menús degustación. 

A marca do restaurante di estar na calidade, con produtos da terra, nunha técnica adaptada a eses produtos e cunha creatividade respectuosa con eles xunto ao concepto de cociña de temporada e viños de produtores que coñezan a elaboración dos seus caldos. 

Auga e Sal abriu en 2016. O  seu propietario é Alberto Ruíz Gallardón, madrileño que leva 10 anos afincado en Galicia e que deixou a súa profesión de xurista para emprender este proxecto. Hai pouco máis dun ano cambiou o modelo e incorporou un novo equipo co cociñeiro Axel Smith como xefe de cociña. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos