Publicador de contidos

Publicador de contidos

O rei recoñece a labor da UME contra a voracidade dos incendios e chama á prudencia

O rei recoñece a labor da UME contra a voracidade dos incendios e chama á prudencia

O rei estivo acompañado pola ministra de Defensa, Margarita Robles

A visita foi a primeira hora da tarde deste domingo

Felipe VI nunha imaxe de arquivo Felipe VI nunha imaxe de arquivo
G24.gal 17/08/2025 09:17 Última actualización 17/08/2025 20:35

O Rei visitou este domingo, en Torrejón de Ardoz (Madrid), o cuartel xeral da Unidade Militar de Emerxencias (UME) para recibir a última información sobre a despregadura dos seus efectivos nas tarefas de extinción dos incendios, segundo informou A Zarzuela.

Na súa visita ao Cuartel Xeral da UME, situado na base aérea de Torrejón, e que tivo lugar á primeira hora da tarde, o Rei estivo  acompañado pola ministra de Defensa, Margarita Robles.

Felipe VI agradeceu  o traballo dos militares contra a "tremenda voracidade" das lapas, á vez que fixo un chamamento á prudencia dos cidadáns para que estean atentos ás  indicacións das autoridades e eviten posibles riscos.

Un total de 1.400 efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME) loitan contra o lume, no ataque directo das chamas, nos incendios de maior gravidade. A eles súmanse outros 2.000 en misións de apoio, ademais de 450 medios despregados.

Durante esta semana Filipe VI contactou por teléfono cos presidentes das comunidades afectadas polo lume para interesarse pola situación dos incendios en cada unha delas.

En concreto falou cos presidentes de Madrid, Andalucía, Galicia, Castela e León, Castela-A Mancha, Estremadura, Asturias, Cataluña, a Comunidade Valenciana e Aragón.

Ademais, está en contacto permanente co Goberno, recibindo toda a información de última hora que se está producindo sobre a situación dos diferentes incendios que afectan a distintas poboacións e zonas de España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade