Cargando resultados...
O regreso de Musa a Lugo centra as olladas da xornada da ACB
O Obradoiro recibe no Sar a UCAM Murcia
Os dous equipos galegos xogan na tarde do sábado
G24.gal
06/04/2023 20:28
O Breogán recibe o Real Madrid, a quen soamente lle gañou 4 veces nas súas 29 visitas a Lugo. Pero sen dúbida o grande atractivo deste encontro será volver ver a Dzanan Musa xogando no Pazo.
Foi un ídolo no Breo, onde renaceu como xogador a temporada pasada, e tanto afección coma excompañeiros manteñen un afecto recíproco co bosníaco.
O sábado o Obradoiro recibe o Murcia no Sar inmerso nunha "crise ofensiva". Crise que para Moncho Fernández ten que ver coa falta de acerto.
O técnico recoñece que o equipo santiagués mete menos canastras que na primeira volta pero agarda que os seus xogadores recuperen o ritmo anotador canto antes.