Publicador de contidos

Publicador de contidos

O regreso de Fer López, a debate entre o celtismo

O regreso de Fer López, a debate entre o celtismo

Apenas xogou e xa non conta para o adestrador dos Wolves

O xogador sempre manifestou o seu desexo de volver a Vigo

Desde directiva confirman que queren que volva e piden paciencia

G24.gal 04/01/2026 17:39 Última actualización 06/01/2026 11:14

Marchou este verán porque o Celta precisaba cartos para compensar as súas contas, pero Fer López sempre manifestou que estaba a gusto na casa e que quería seguir en Vigo. Apenas seis meses despois, na apertura de mercado deste nadal, o seu nome está en boca de todo o celtismo. De todo. Desde os afeccionados que o vén con bos ollos, pasando polo favoritismo do corpo técnico e os xogadores e ata a ilusión da directiva.

Esta xornada escoitabamos o Gato de Catoira, a Sergio Álvarez, falar como conselleiro e asegurar que a volta de Fer era algo "que todos querían".

Por iso anda xa no traballo Marco Garcés, o director deportivo. Con decisión e en silencio, como adoita. O que se sabe é que o adestrador dos Wolves xa lle comunicou ao xogador que non conta con el e que o Celta, nun primeiro contacto, mesmo chegou a valorar unha cesión por 18 meses. E que mesmo están a estudar que asine con ficha do filial, se non se libera praza no primeiro equipo.

O celtismo soña con este agasallo de Reis a tempo que esta ventá do mercado fichaxes comezou xa a descontar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade