Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Real Madrid asalta o campo do Manchester City (2-3)

O Real Madrid asalta o campo do Manchester City (2-3)

Haaland adiantou o Manchester en dúas ocasións pero Mbappé, Brahim e Bellingham asinaron a remonta

G24.gal 11/02/2025 22:39

Erling Haaland e Kylian Mbappé, as dúas estrelas do Manchester City e do Real Madrid, botáronse os seus equipos ás costas e conseguiron tres goles do partido de ida da eliminatoria de repesca da Champions. Pero os decisivos anotáronos Brahim no minuto 87 e Bellingham no 92 para poñer o Real Madrid en vantaxe de cara ao partido de volta (2-3).

Xogou un gran primeiro tempo o Real Madrid, con moitas ocasións e dominando ao cadro dirixido por Guardiola pero o que marchou por diante ao descanso foi o City grazas a unha acción de Haaland que estivo revisándose durante case catro minutos por un posible fóra de xogo. 

O Real Madrid seguiu buscando o gol no segundo tempo e acabou atopándoo grazas a un remate coa caneleira de Mbappé. Estaba mellor o último campión da Champions que gozou dunha gran ocasión de Valverde para poñer o segundo. 

Sería Haaland o que volveu a poñer por diante ao equipo inglés cun penalti cometido sobre Foden e transformado pola estrela do City. 

Quedaban menos de cinco minutos para o final cando Brahim, que acababa de entrar, cazou un balón na área e axustouno ao pau. Parecía bo o empate pero no engadido chegou a remonta definitiva cun gol de Jude Bellingham (2-3) que deixa o panorama máis aclarado para o Real Madrid que ten na súa man o pase aos oitavos de final da Champions. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade