O Real Madrid perde en Leipzig e precisa gañar na última xornada
A primeira derrota da temporada (3-2) do equipo de Ancelotti chegou na Liga de Campións

O Real Madrid perdeu en Leipzig (3-2) o primeiro partido da temporada e disputará a primeira posición do seu grupo da Liga de Campións na última xornada. Precisa gañarlle ao Celtic para asegurar o pase aos oitavos de final como líder e asegurar un mellor emparellamento.
Foi un partido de ida e volta, xogado a tumba aberta por parte dos dous equipos. Moito tivo que ver que o Leipzig acertase nas dúas primeiras opcións do partido. Gvardiol (13') e Nkunku (18') deixaron contra as cordas un Real Madrid que non puido contar con Benzemá, Modric e Valverde.
No le tiemblan las piernas a Nkunku ante Courtois.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) October 25, 2022
Partido cuesta arriba para el Real Madrid. #UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/0fhRJJqUpA
Os vinte minutos iniciais condicionaron o partido. Vinicius recortou diferenzas antes do descanso, pero o Real Madrid nunca estivo cómodo no partido.
VINI JR: Lo mismo te hace una bicicleta que te remata de cabeza como Santillana. #UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/uiPB1CeTbv
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) October 25, 2022
A sentenza chegou a dez minutos do final co tanto de Timo Werner. Tarde chegou o penalti transformado por Rodrygo, no minuto 93. O Leipzig, segundo con nove puntos, xogará o pase co Shakhtar (seis puntos e diferenza de goles ao seu favor) na última xornada. Pode pasar como primeiro, como segundo e mesmo quedar eliminado da Champions.