O Real Madrid non pasa entre os oito mellores da Champions e pode enfrontarse ao City
Barcelona e Atlético entraron neses oito primeiros e xogarán directamente os oitavos de final

A última xornada da Liga de Campións deixou moitos goles e uns posibles emparellamentos na rolda preliminar aos oitavos de final en que poden saltar faíscas.
O Real Madrid gañou no campo do Brest pero non conseguiu a clasificación entre os oito mellores. Impúxose por 0-3, con goles de Rodrygo (2) e Bellingham, pero precisaba que outros resultados o favorecesen. Ao final, quedou no undécimo posto, e o cruzamento na preliminar pode ser endiañado. Manchester City ou Celtic de Glasgow poden ser os seus rivais.
O Atlético de Madrid dependía del e gañou con claridade no campo do Salzburgo para asegurar así o quinto posto final. Giuliano Simeone, Antoine Griezmann (2) e Marcos Llorente marcaron os tantos da vitoria atlética. O equipo austríaco marcou o da honra ao final (1-4).
O Barcelona empatou co Atalanta e remata no segundo posto, só por detrás do Liverpool. Partido de alternativas no segundo tempo (2-2), no que Yamal e Araújo adiantaron o conxunto catalán e Ederson e Pasalic conseguiron empatar para os de Bérgamo.
Os oito equipos clasificados para oitavos son: Liverpool, Barcelona, Arsenal, Inter, Atlético, Leverkusen, Lille e Aston Villa. Na eliminatoria previa poden cruzarse: Atalanta e Dortmund contra Sporting de Lisboa ou Bruxas. Real Madrid e Bayern contra o City ou o Celtic. Milán ou PSV contra o Feyernoord ou a Juventus. Por último, o PSG ou o Benfica contra o Mónaco ou o Brest.