O Real Madrid elimina con susto final ó Talavera e o Vilarreal cae ante o Racing de Santander
Lunin evitou a prórroga para os brancos cunha magnífica intervención no último minuto do partido
O Levante tamén caeu en León ante a Cultural. Atlético, Osasuna e Alavés estarán nos oitavos de final.
@realmadrid
O Real Madrid estará nos oitavos de final da Copa do Rei tras derrotar ó Talavera por dous tantos as tres. Os brancos controlaron o partido ata os dez últimos minutos. Mbappe e Farrando en propia porta poñían o 0–2 antes do descanso. Reduciría diferenzas o equipo manchego pero rapidamente Mbappe colocaba o 1-3. No último minuto, o ex do Ourense CF Gonzalo Di Renzo facía o 2–3 e na última xogada do partido unha milagreira intervención do porteiro Andrei Lunin evitaba a prórroga e certificaba o pase do Real Madrid.
Quedaron sen estar na seguinte rolda o Vilarreal, tras perder en Santander ante o Racing 2–1, e o Levante que caeu ante a Cultural 1–0. O Alavés accedeu ós oitavos de final tras gañar ó Sevilla na única eliminatoria entre equipos de primeira división. E Atlético de Madrid e Osasuna cumpriron os prognósticos e gañaron os seus partidos ante Atlético Baleares e Huesca con máis apuros do previsto.