Publicador de contidos

Publicador de contidos

O racinguismo cruzará Galicia para alimentar o soño do ascenso

O racinguismo cruzará Galicia para alimentar o soño do ascenso

G24.gal 04/06/2022 15:02

O racinguismo cruzará Galicia de norte a sur mañá. 24 autobuses tinguidos de verde marcharán de Ferrol a Vigo para acompañar o seu equipo en Balaídos. Nove mobilizados polas peñas e 15 fretados polo club e o concello. Un desprazamento masivo buscando o regreso a Segunda 14 anos despois. Buscando reeditar imaxes como as do último ascenso, tamén en terra allea.

O Rácing e o Nástic xa viviron duelo por subir a Segunda en 2014: gañaran os cataláns, sen ascender finalmente. Agora o Rácing chega tras estar 16 xornadas en postos de promoción.
O Nástic faino cunha temporada moi irregular: a falta de 4 xornadas era undécimo na táboa, e acabou cuarto. Foi a mellor defensa do seu grupo, pero os ferroláns tiveron a mellor defensa da categoría. Joselu suma 14 goles. No Nástic levan cadanseus 7 tantos Romera e Bonilla, este ultimo non xogará en Galicia por sanción. Polos verdes faltará Yeferson Quintana, mancado.

Partido aberto a 90 minutos que se disputará mañá en Balaídos. O empate clasificaría as ferroláns para a final polo ascenso a Segunda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade