"Asombro, incredulidade e desaprobación" da U. D. Ourense pola resolución do xuíz que complica o ascenso
"Asombro, incredulidade e desaprobación" da U. D. Ourense pola resolución do xuíz que complica o ascenso
O club recorrerá a decisión tomada por parte do xuíz único de competicións non profesionais
A UDO cae a cuarta posición, e en caso de empate na eliminatoria, o equipo que ascendería sería o Conquense
A Unión Deportiva Ourense quere manifestar o seu absoluto asombro, incredulidade e desaprobación á afectación directa ao noso club tras a resolución da Real Federación Española de Fútbol sobre o C.D. Numancia-R.C. Deportivo Fabril do pasado 13 de decembro de 2025.
O conflito nace despois de que o TAD dese a razón ao Numancia na súa denuncia de aliñación indebida dun futbolista do Fabril durante o partido que ambos os equipos disputaron o pasado 13 de decembro. O club soriano, que xa foi eliminado do playoff de ascenso polo Poblense, reclamou á Federación Española unha compensación deportiva: a repetición da eliminatoria de ascenso -con esa vitoria outorgada polo TAD sería terceiro no canto de cuarto- ou o ascenso directo a Primeira Federación.
Unha solicitude que Alonso Martínez desestimou, aínda que o Xuíz Único de Competicións non Profesionais da RFEF si decidiu darlle os tres puntos ao Numancia, polo que o Ourense cae ao cuarto posto da clasificación final da fase regular do Grupo 1.
Desta forma a eliminatoria xa non é entre terceiros e o Conquense terá dereito a pasar sen quenda de penaltis se ao final do partido e do tempo suplementario a diferenza é de un gol favorables para os manchegos.
A entidade considera un atropelo directo aos dereitos do club, ao espírito deportivo e ao sentido común cambiar a situación actual a apenas na que o Ourense:
"Rematou a tempada regular a sabendas de que un empate fronte ao Atlético Astorga na última xornada aseguraba a terceira praza".
"Xogou as semifinais do 'playoff' e a final de forma parcial coa condición de terceiro clasificado en base a normativa vixente".
Deste xeito, o club recorrerá a decisión tomada por parte do xuiz único de competicións non profesionais e lamenta que se empañe o final dunha tempada para a historia da entidade.