O Racing tropeza na Malata ante o Unionistas (0-1)
Diego Rivas, substituto do enfermo Gazzaniga, non estivo atinado no gol do partido
Segunda derrota consecutiva e terceira xornada sen gañar para o Racing de Ferrol, que perdeu ante un Unionistas que lle ten tomada a medida (0-1). Nas tres visitas á Malata, o equipo salmantino conseguiu gañar polo mesmo resultado.
Gazzaniga levantouse con febre e non puido estar presente no partido. O porteiro é un dos indiscutibles para Cristóbal, e o seu substituto, o experimentado Diego Rivas, non estivo nada atinado no único gol do partido, marcado por De Miguel.
Tocaba remontar, pero o Racing non estivo tan atinado como noutros partidos. E iso que o buscou con ocasións de Manu Justo ou Héber na primeira metade. Na segunda gañou protagonismo o extremo racinguista e reclamou un penalti no 71. O acoso intensificouse nos últimos minutos e Carlos Vicente tivo a mellor oportunidade, pero o seu remate petou contra o pau.