Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing remonta contra o Raio Majadahonda (4-1) e axexa o liderado

O Rácing remonta contra o Raio Majadahonda (4-1) e axexa o liderado

O Raio Majadahonda adiantouse cun gol dun exracinguista, David Rodríguez

Héber, Chacón e Carlos Vicente (2), obraron a remonta

Foto: @mijanphoto
G24.gal 18/03/2023 21:26

O Rácing aperta a zona de ascenso. Sóbralle confianza ao equipo departamental que, por segunda vez seguida, non acusou comezar perdendo na Malata. Ademais, o gol do Raio Majadahonda contou coa participación de vellos coñecidos. Alayeto centra e David Rodríguez, o máis listo, tira proveito da indecisión de Aitor Pascual e David Castro para marcar.

A desvantaxe só durou desde o minuto 26 ata o 32, cando un incisivo Héber tivo que ser freado por Dani Pinillos. Penalti que transformou o propio Héber.

Os de Cristóbal déronlle a volta antes do descanso. Premio á insistencia de Luís Chachón, que recupera. Manu Justo é o que centra e Carlos Vicente sorprende para facer o 2 a 1 para os ferroláns. 

Para evitar problemas, o Rácing saíu tras o intermedio decidido a asegurar a vitoria. O cuarto de hora inicial foi espectacular. Luis Chacón, que partido o seu, marcou o terceiro en colaboración con Carlos Vicente. E só uns minutos despois, o propio Vicente ampliou aínda máis a conta. Tirou proveito dun erro de Lucho García na saída. Noite de festa nunha Malata que pode festexar a idílica situación do seu equipo. Supera o Deportivo e achégase a un punto, só un, do líder Alcorcón.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar