Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Rácing remonta contra o Badaxoz e asalta o liderado da Primeira RFEF

O Rácing remonta contra o Badaxoz e asalta o liderado da Primeira RFEF

Gorka Santamaría adiantou un conxunto estremeño que foi mellor ata ben entrada a segunda parte

Os cambios de Cristóbal revolucionaron o partido

Empatou Carlos Vicente de penalti, e Chacón consumou a remonta

G24.gal 14/05/2023 19:16

O Rácing non desaproveitou a súa ocasión nunha xornada en que os seus rivais polo ascenso non acadaron bos resultados. Malia a que sufriu e moito durante a primeira metade, o equipo de Cristóbal acabou sumando un triunfo que lle permitiu situarse de primeiro. E foi nun treito final en que foi quen de remontar o resultado.

O Badaxoz, que loita pola súa supervivencia na categoría, foi collendo aos poucos o mando do partido, e creou varias ocasións claras durante a primeira metade. Un primeiro acto que acabou cun posible penalti sobre Manu Justo non indicado polo árbitro.

Foi na primerira ocasión da segunda metade cando se adiantou o equipo visitante. Gorka Santamaría conseguiu un tanto que metía en problemas ao Rácing.

Tocaba buscar a remontada, e foi clave a achega dos trocos de Cristóbal. A acción do empate chegou logo dunha labazada de Mariano a Padilla que, desta vez si, o árbitro viu como penalti. Marcouno Carlos Vicente. E o 2-1 chegou a tres minutos para o 90, cun remate inapelable de Chacón desde a frontal da área.

Houbo máis de dez minutos de engadido, pero o Rácing mantivo un resultado favorable que lle permitía colocarse como líder a falta de dúas xornadas para o remate da Liga.

Tras o encontro, Cristóbal Parralo amosouse encantado co corazón que amosaron os seus xogadores, e que os levou á vitoria.

Moito máis amolado acabou o encontro David Tenorio. O técnico do Badaxoz, que loita por non perder a categoría, compareceu só para indicar que "xa está ben!" e non respondeu ningunha pregunta na sala de prensa da Malata.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos