Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing recibe ao Tenerife (18:30h, G2) coa idea de desbancalo do liderado

O Rácing recibe ao Tenerife (18:30h, G2) coa idea de desbancalo do liderado

Os de Pablo López contan co factor A Malata, onde aínda non perderon

G24.gal 01/11/2025 12:21

No máis alto da clasificación da Primeira Federación comeza a xornada o Tenerife, que visita esta tarde A Malata. Duelo entre dous acabados de descender, dous dos principais candidatos ao primeiro posto.

O Rácing aínda non perdeu na casa e podería colocarse de líder se derrota aos de Álvaro Cervera, á espera do que faga o Celta Fortuna en Tajonar ante o Osasuna Promesas. Prevese partidazo, que veremos ás 18.30 na G2.

Pablo López agarda "un partido importante, no que gañamos o dereito de competir contra o primeiro clasificado. Seguro que será un partido vibrante, entre dpous equipos que acaban de descender. A xente vai gozar do partido".

O seu homólogo no Tenerife, Álvaro Cervera, cre que "hai que defender ben. Porque o Rácing xoga na casa, e ten xogadores habilidosos. Non quero caer no túa e miña. Defendendo ben podemos facerlles dano. Pero se deixamos que a xoguen, podemos facer dano ou non", indicou na previa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade