Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing perde en Zamora (1-0) e volve saír da promoción

O Rácing perde en Zamora (1-0) e volve saír da promoción

Decidiu un gol solitario de Abde nunha acción de xogo directo

Foto: @racingferrolsad
G24.gal 31/01/2026 21:19

Suave e brando como unha peluche. Así se comportou o Rácing de Ferrol a primeira parte no Ruta de la Plata.

Un dos peores comezos de partido da temporada. Moi descolocado, deixando espazos no medio dos que dispoñía ao seu antollo o Zamora. O equipo de Oscar Cano gozou de dúas ocasións claras que salvou Miquel Parera. Pero o porteiro xa non puido rescatar os erros da terceira. O rival superou en todas as liñas aos verdes ata que marcou Abde Damar. Estreábase así o marroquí, fichaxe de inverno procedente de Unionistas. 1-0 no minuto 16, reflectindo no marcador o que se vía no campo.

Dez minutos despois foi moi protestada polos locais unha xogada na que o árbitro deixa seguir pero acaba anulando o gol de Carbonell, por falta previa do dianteiro a Edgar Pujol. Unha decisión que lle permitiu coller aire ao Rácing.

A Carbonell non lle convenceron as explicacións do árbitro no descanso.... nin tampouco as de Pujol na saída dun segundo tempo no que o Rácing mudou por completo. Fernandez Romo sacou do campo a David Concha, desacertado como pivote, e entrou Dacosta. Nas botas do ourensán nace a primeira grande ocasión de perigo do Rácing, que remata cun disparo de Alvaro Juan ao poste, e un rescate in extremis da defensa ante Escobar. 

E outro pau levaría o Rácing. Foi nun gran golpeo de Fabio González. O mediocentro canario, a fichaxe dos verdes procedente da UD As Palmas, levaba dez minutos no campo. 

Os de Fernandez Romo acabaron envorcado na busca dun empate que non chegou. Tampouco nun remate de Pascu. O Zamora superou ao equipo ferrolán no campo, e na táboa. Deixándoo outra vez fora dos postos de ascenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar