Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Racing máis solvente lidera con autoridade a 1.ª RFEF

O Racing máis solvente lidera con autoridade a 1.ª RFEF

Gañou no campo do Ceuta con goles de Héber e Álex López

G24.gal 16/10/2022 14:42

Este Racing segue escribindo en liña recta na historia do club ferrolán, hoxe con goles de dous xogadores da casa. No foi o partido en que máis ocasións xerou, pero sempre o tivo controlado.

As primeiras chegadas e remates no Alfonso Murube foron do Ceuta. Pero sempre atopou ben plantada a defensa visitante, a mellor da categoría. O Racing tamén ten un dos mellores ataques do grupo. Desequilibrante e letal, como demostrou no minuto 40 na xogada do 0 a 1, que nace nun saque de banda. É o segundo gol da temporada para o extremo naronés, que vive nun inmellorable estado de forma.

Para a segunda parte, Cristóbal Parralo trocou na dianteira a Manu Justo por Joselu. E o capitán participou na elaborada xogada do 0 a 2 definitivo. Combinando con Carlos Vicente, este con Héber Pena, e o balón atrás para o remate a gol de Álex López. Marcaron os dous futbolistas da casa, os seus segundos goles esta temporada de ilusión racinguista.

O Racing leva sete vitorias en oito xornadas. E tres partidos seguidos deixando a súa porta a cero e fica reforzado para recibir a vindeira semana na Malata o Córdoba, rival directo polo liderado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos