O Racing fai os deberes e dorme en postos de promoción
Gañáronlle 2-1 ao Calahorra con goles de Joselu (32') e Dani Nieto (68')

Na primeira Federación, a xornada comezou do mellor xeito coa vitoria do Racing diante dun Calahorra que chegaba enrachado á Malata.
O un a cero chegou logo dun Penalti a prol do Racing por man de Iñigo Zubiri na área ante Alayeto. Marca o capitán Joselu no minuto 31.
O Calahorra empatou na última xogada antes do descanso. Unha falta que o Racing non deu despexado malia os intentos. Finalmente atrapou o balón Carlos Vicente e marcou o empate.
Pero na segunda parte unha boa xogada pola banda de Alayeto e Miguel Loureiro, acabaría co gol de Dani Nieto. O definitivo 2 a 1 co que o Racing dorme esta noite en postos de promoción de ascenso de xeito provisorio. Depende do que fagan mañá o resto de rivais.