A U. D. Ourense suma o primeiro punto da temporada diante do Cacereño (0-0)
Debutou como titular o dianteiro Sergi Baldrich que estragou as mellores ocasións do cadro ourensán
A Unión Deportiva Ourense sumou o primeiro punto da temporada na xornada 5 diante do Cacereño. Un punto insuficiente pero que lle vale ao cadro ourensán para abandonar o último posto da clasificación. Debutou como titular o dianteiro Sergi Baldrich que gozou das mellores ocasións do seu equipo pero non estivo atinado cara a porta contraria.
Na primeira metade avisou o visitante Tellechea para prolongar a boa xeira de resultados dun equipo estremeño que sumara 10 dos primeiros 12 puntos. Para o Ourense foi Puime o que a piques estivo de rematar un lanzamento de córner. Estivo o FVS con moita actividade cunha petición de cada equipo na que o colexiado non mudou a decisión inicial.
Na segunda parte foi o Ourense o que gozou de dúas boas ocasións nas botas de Baldrich pero faltou o acerto. Nos últimos minutos o Cacereño tamén puido marcar, sobre todo nunha ocasión de Navarro, pero o marcador non se moveu.