Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing entrega a primeira parte e empata en Badaxoz (1-1)

O Rácing entrega a primeira parte e empata en Badaxoz (1-1)

O equipo reaccionou na segunda parte na que marcou Nathan

G24.gal 06/02/2022 14:35

O Badaxoz e o Rácing chegaban igualados a 29 puntos e igualado foi o partido que disputaron no Novo Vivero. Un encontro moi táctico, con moitas faltas, máis de 40 en total, e escasas oportunidades de perigo.

O Badaxoz marcou o seu gol no minuto 37, nunha xogada culminada polo portugués Adilson, bastante só no segundo pau da portería defendida por Gazzaniga. Custoulle despóis o Rácing crear perigo.

O balón parado ofreceulle algunha opción na recta final da primeira metade, pero o empate non chegou ata o minuto 25 da segunda cando Nathan anotou logo dunha gran acción de Loureiro.

Co un a un os dous equipos aumentaron as precaucións e un disparo do debutante Del Pozo converteuse na única ocasión da recta final do choque. O Rácing sumou así o seu segundo punto de doce posibles neste 2022.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade